HomesociedadeA A.V. do Saviñao solicita humanizar a área do estanque da Devesa...

A A.V. do Saviñao solicita humanizar a área do estanque da Devesa de Escairón

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita a reposición da sinalización do nome dos lugares nas estradas do territorio municipal e a mellora da área do estanque do lavadoiro da Devesa de Escairón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde a Asociación Veciñal que transitando polas estradas do Saviñao obsérvase que gran cantidade de sinais verticais sinalizadoras do nome do lugar por onde se pasa foron desaparecendo ou ben estan tiradas nas cunetas ou arrincadas. Xa no ano 2019 a asociación transmitira esta situación ó Concello, “pero a sordeira institucional é a norma de actuación do equipo de governo e non se fixo nada neste senso”, aseguran.

Considera que os traballos anuais de limpeza da maleza das cunetas, “feito dun xeito pouco coidadoso e á presa, trae consigo que toda sinal vertical acabe desaparecendo. A día de hoxe son moitas máis as sinais deterioradas ou ausentes e co paso dos anos quedaremos sen ningunha, convertiranse pois en anónimos os nosos lugares e aldeas”. Dende a asociación solicitan do concello a reposición e recolocación das sinais que anuncian o nome das localidades do municipio.

Aseguran tamén que despois do baleirado do estanque do Lavadoiro de Escairon parece idóneo recuperar este espazo e integralo de novo na Devesa da que formou sempre parte. “Dito espazo foi convertido nos últimos anos en estanque con patos, escasos en número polo reducido do espazo e sempre sucio. Ao tempo a área foi segregada da Devesa por unha valla metálica de pouco gusto”. Así solicitan que se retire a valla que o perimetra e volver a integrar este espazo na Devesa. Reclaman tamén construír unha bancada no muro que rodea o estanque onde poida sentarse a xente, podendo así ser utilizado como lugar de reunión ou para desenvolver alí actividades lúdicas, literarias ou musicais.

    ÚLTIMAS

    Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

    A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

    15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

    O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

    Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

    Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

    Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

    A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...