HomesociedadeVendima asistida por dron na Ribeira Sacra

Vendima asistida por dron na Ribeira Sacra

O pasado 25 de setembro nas instalacións da Adega Finca Millara, tivo lugar a primeira proba de carga aérea de uva mediante dron, impulsada polo proxecto Espazo para Servizos Aéreos Comerciais Innovadores (ESCAI RIBEIRA SACRA) (https://escai.eu). O reto era transportar caixas de uvas cun dron, un caso de uso agrícola que nunca se fixo, para analizar se este método pode ser unha alternativa no proceso de vendima na Ribeira Sacra

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na adega Finca Míllara, o dron DJI FlyCart 30, operado por Grupo Elecnor, completou con éxito o transporte de 60 kg de uva Mencía. A operación consistiu en tres viaxes de apenas 3 minutos cada un, trasladando a carga nunha caixa suspendida desde as viñas ata a adega. Un fito para a viticultura heroica da Ribeira Sacra, demostramos por primeira vez en España a viabilidade técnica da vendima asistida por dron, aseguran desde a DO Ribeira Sacra.

Este fito foi posible grazas en primeiro lugar a INECO, ao Grupo Elecnor que coa súa autorización operacional marcou un fito, á AESA – Axencia Estatal de Seguridade Aérea, a ENAIRE e a SAERCO como provedores de tránsito aéreo necesarios dentro da autorización, así como á Adega Finca Míllara, ao Consello Regulador de DO Ribeira Sacra e á Asociación de Empresa Ribeira Sacra Next. Este feito foi unha resposta directa aos enormes desafíos da viticultura nun terreo extremo e representa un paso de xigante para:

  • Mellorar a seguridade dos vendimadores, eliminando a tarefa máis ardua e perigosa.
  • Optimizar a eficiencia loxística da colleita.
  • Preservar a máxima calidade da uva, ao reducir o tempo entre a recolección e o prensado.

Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, di que practicamente todo o traballo realízase á man como desde hai séculos. “Pretendemos seguir traballando da mesma maneira, pero incorporando as novas tecnoloxías. Estamos a testar esta tecnoloxía para ver se é útil para os viticultores da Ribeira Sacra. A tecnoloxía para carga con drons está nun estado incipiente, pero cun desenrolo moi acelerado. Esta proba indícanos en que estado se atopa esta tecnoloxía actualmente e permítenos ser optimistas de fronte un futuro moi próximo. O dron non resultaría competitivo en todos os casos, pero si que podería ser moi útil en terreos con accesos moi complicados”.

Moi útil, sen dúbida, é para a aplicación de tratamentos fitosanitarios. Antonio Lombardía opina que “os drons nos interesan máis para a aplicación de produtos fitosanitarios. Temos pouca man de obra e unha poboación envellecida e trátase dun traballo moi sacrificado. Sería de gran axuda para que o viticultor e  poder así manter este tipo de viticultura”.

Proxecto Escai / DO Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...

47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

Os deputados populares salientaron en Paradela que un total de 47 empresas da provincia...