HomeCulturaArrinca a programación de teatro en Monforte

Arrinca a programación de teatro en Monforte

Será o vindeiro xoves, 9 de outubro, coa obra “Guerra” da compañía Teatro do Noroeste. Como de costume, será no Edificio Multiusos e está programada dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios do AGADIC.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola Concellería de Cultura, Ensino e Xuventude de Monforte para o último trimestre do ano. O ciclo, que inclúe un total de cinco espectáculos entre outubro e decembro, desenvolverase no Edificio Multiusos ás 20:15 h. e está enmarcado dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

 O Alcalde, José Tomé Roca, “anima ós monfortinos e monfortinas a acudir ó Multiusos e participar destas actividades, dentro da aposta decidida que este goberno fai pola cultura, e neste caso, polo teatro galego”.

O prezo das entradas é de 5 euros na tarifa xeral, e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

A OBRA

A obra programada para o 9 de outubro é “Guerra”, da compañía Teatro do Noroeste. Escrita e dirixida por Eduardo Alonso, esta peza é unha traxedia aderezada de comedia e ironía, para dulcificar as arestas tráxicas.

Nun edificio teatral totalmente destruído polo bombardeo dunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa comezan a aparecer as personaxes das obras do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo, todas elas encarnadas en dous actores e catro actrices.

“Guerra”, en palabras do seu director, “é un espectáculo que trata sobre a guerra, sobre todas as guerras, as pasadas, as presentes e as futuras, as guerras das nacións e os pobos, as guerras das tribos e as guerras das persoas, dos seres humanos, as guerras exteriores pero tamén as internas. Mais a peza toma esta ‘guerra’ de xeito teatral, como as guerras das obras de Shakespeare, Bertolt Brecht,  Lope de Vega, Calderón, as carlistas de Valle Inclán ou as imaxinadas escenicamente por Lorca”.

ELENCO E PRODUCIÓN

O espectáculo está protagonizado por Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez, con música de Bernardo Martínez, escenografía e vestiario de Carlos Alonso e produción de Eva Alonso.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...