HomePolíticaO PP pide á Deputación que inste a Adif a solucionar os...

O PP pide á Deputación que inste a Adif a solucionar os danos causados polas obras da estación de Canabal

Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Luis Fernández comprobaron ‘in situ’ os danos derivados das obras que Adif realizou na estación de Canabal e nas vías do ferrocarril ao seu paso polos municipios de Sober e Ferreira de Pantón que “danaron considerablemente” a estrada provincial LU-P-5901 como consecuencia do elevado e constante tránsito de vehículos pesados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antonio Ameijide sinala que o malestar entre os veciños de Sober é notorio porque esta estrada é a conexión que teñen coa N-120. “Nós mesmos comprobamos como os vehículos teñen que reducir considerablemente a velocidade para poder minimizar os efectos das enormes fochancas que invaden a estrada, incluso os vehículos pesados teñen que modificar a traxectoria para evitar danos”, explicou.

Cos danos ocasionados nesta estrada as fochancas permiten ver o firme vello, “Isto implica que as fochancas teñen varios centímetros de profundidade o que engadido á gran lonxitude que teñen sexan moi perigosos para a circulación”, explicou.

Asegura que o que xerou maior malestar entre os veciños foi que se reparou unha parte da estrada, dun quilómetro aproximadamente, deixando a parte restante, con máis dun quilómetro, sen actuación algunha.

Ante esta situación, dende o Grupo Provincial Popular piden á Deputación que inste a Adif a reparar todos os danos ocasionados polas obras para “garantir a seguridade” dos usuarios desta estrada provincial.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...