HomeCulturaRicardo Gurriarán e Uxío-Breogán Diéguez lembran a relación de Florencio D. Gurriarán...

Ricardo Gurriarán e Uxío-Breogán Diéguez lembran a relación de Florencio D. Gurriarán e Castelao ‘revivindo’ a súa viaxe ao desterro extremeño

Foi o pasado sábado 4 de outubro cunha conferencia a bordo do tren entre as estacións de Monforte e O Barco de Valdeorras. Nesta viaxe lembrouse aquela que no 1934 emprendeu o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán dende Monforte para acompañar a Alfonso Rodríguez Castelao ata Badaxoz.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Un orixinal acto organizado pola Fundación Florencio Delgado Gurriarán xuntou aos historiadores Ricardo Gurriarán e Uxío-Breogán Diéguez o pasado sábado para sumarse á conmemoración do Ano Castelao. A proposta consistiu nunha conferencia a bordo dun tren, “revivindo” aquela viaxe que en 1934 emprendeu Florencio Delgado Gurriarán en Monforte para acompañar a Alfonso Rodríguez Castelao cara o seu desterro en Badaxoz, aínda que neste caso a viaxe descorreu só ata a estación de ferrocarril do Barco de Valdeorras e contou, ademais dos relatores, coa presenza dunhas 30 persoas.

Saída da estación de Monforte. Foto: Fundación Florencio D. Gurriarán.

A xente que participou en tan simbólica iniciativa puido escoitar o relato sobre ese tempo ofrecido polos historiadores Ricardo Gurriarán e Uxío-Breogán Diéguez. Entre ambos trazaron unha panorámica dende os primeiros contactos de Florencio co galeguismo ata o exilio, na que Castelao foi sempre referente e descrito polo propio Florencio como o guieiro.

Público que acompañou na viaxe escoitando a conferencia. Foto: FDG
RELACIÓN FLORENCIO-CASTELAO

Castelao e Florencio coñecéronse en persoa nunha asamblea do Partido Galeguista en Ourense en xaneiro de 1934 e a súa relación intensificouse durante a Guerra Civil, cando coincidiron no goberno da Segunda República na retagarda en Barcelona. Tamén no exilio, na articulación do movemento cultural e político que conseguiu manter vivo o galeguismo en México e Arxentina, onde recalaron respectivamente trala victoria fascista. Case un século despois, a memoria das súas accións foi analizada nunha xornada que despois de cubrir o traxecto en tren dunha hora, continuou no edificio multiusos do Barco, onde houbo espazo para o coloquio cos asistentes.

VALORACIÓNS

Tanto os conferenciantes coma o público destacaron a singularidade dunha proposta que, segundo destacou Gurriarán: “É posible que sexa a primeira conferencia nun tren en marcha que se ten feito no país”. Uxío-Breogán tamén celebrou a iniciativa, ao considerar que “foi o marco perfecto para falar dun contexto histórico moi relevante” no que se estaba a definir o futuro da autonomía galega. De feito, durante a viaxe, os participantes recibiron un facsímil do Estatuto de Autonomía votado no 36 e refrendado nas Cortes no exilio en 1945. O libro, publicado orixinalmente na Arxentina no anos 40 con comentarios do propio Castelao, foi editado e agasallado á Fundación FDG pola Asociación Galiza Cultura.

ÚLTIMAS

Esperta Monforte leva a pleno revisar a rebaixa do IBI

Coa rebaixa do IBI, Esperta lembra ao equipo de goberno as actuacións "que teñen...

‘Plan da Viabilidade Invernal’ 2025-2026 da Deputación de Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, comentou na presentación do Plan...

Adegas de Amandi organizan un torneo de golf en Monforte

O pasado xoves día 20 de novembro deu comezo no Club de Golf Río...

‘Plan de impulso cultural’ para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

O pasado 19 de novembro, o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia,...