HomeDeportesBaleares gaña o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch&Putt 2025...

Baleares gaña o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch&Putt 2025 en Monforte

Durante tres xornadas cmpetiron 16 seleccións autonómicas polo título de Campiona de España nas instalacións do campo de golf do Club Río Cabe en Ribas Altas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os días 3, 4 e 5 de outubro tivo lugar na cidade do Cabe o ‘Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt’, unha competición de Seleccións Autonómicas que organizaba a Real Federación Española de Golf.

Dezaseis seleccións autonómicas loitaron polo título de Campiona de España. En concreto, participaron: Castilla y León, Galicia, Asturias, Baleares, Andalucía, Cantabria, Castilla La Mancha, Navarra, Canarias, Aragón, La Rioja, País Vasco, Madrid, Comunidad Valenciana, Murcia e Extremadura. Cada comunidade competiu con equipos de 4 xogadores xunto cun capitán e un adestrador, polo que reuniu a preto dun cento de participantes que acudiron acompañados por familiares e amigos.

Baleares proclamouse vencedora, seguida que Canarias que acadou a segunda posición. Castilla y León e Andalucía quedaron en 3º e 4º posto, respectivamente. E por detrás, xa a Comunidade Valenciana (5ª) e Madrid (6ª). A selección galega conseguir situarse no 7º lugar, e a continuación posicionáronse, nesta orde, Murcia, Cantabria, Castilla La Mancha, La Rioja, Asturias, Aragón, Navarra, Pais Vasco e Extremadura.

Na entrega do trofeo, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, agradeceu á Federación Española de Golf o feito de escoller Monforte para celebrar este campionato e puxo en valor tamén que o evento servira para dinamizar o sector hostaleiro e da restauración ao acoller na cidade 64 xogadores e familias durante a fin de semana. No acto estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Golf, Mario Covelo López; Juan Redondo, vocal do Comité de Pitch&Putt da Real Federación Española de Golf; ⁠Marcos Gómez, presidente do Comité de P&P da Federación Galega de Golf; ⁠José Ángel Pérez Reñones, presidente do Club de Golf Río Cabe; Diego Portela, presidente do Comité de Árbitros da Federación Galega de Golf e árbitro principal da proba, e ⁠Alberto Pérez, xerente do Club de Golf Río Cabe.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...