Homesociedade60.000 viaxeiros no que vai de tempada nas rutas fluviais da Ribeira...

60.000 viaxeiros no que vai de tempada nas rutas fluviais da Ribeira Sacra

As rutas fluviais pola Ribeira Sacra impulsadas pola Deputación de Lugo volven ser un dos atractivos turísticos máis demandados na comarca e no conxunto da provincia. Desde que comezou a temporada no mes de marzo ata o día de hoxe os catamaráns rexistraron preto de 60.000 viaxeiros, o que supón un incremento do 11 % con respecto ao ano pasado

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o verán, que concentrou o 66 % das viaxes, preto de 39.400 persoas desfrutaron das rutas fluviais que parten dos embarcadoiros de Ponte do Sil e Belesar, consolidando estas experiencias como unha das alternativas turísticas máis apreciadas da Ribeira Sacra. Ata finais de ano, prevese que se sumen arredor de 3.300 reservas adicionais, completando “unha tempada excepcional

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou “baten récord cun 11 % máis de viaxeiros respecto ao ano pasado”. Puxo de relevancia a temporada estival recalcando que a ocupación media roldou preto do 80%, un dato que “reflicte o interese crecente por unha proposta turística singular, que permite descubrir a Ribeira Sacra desde o río, combinando natureza, patrimonio e tranquilidade”.

“Estamos moi satisfeitos, os datos confirman a acertada aposta da Deputación por un modelo turístico sostible e de calidade”, destacou Pilar García Porto, quen ademais destacou o impacto económico directo que xera este servizo na comarca, “as rutas fluviais son un motor para o turismo local, contribuíndo ao desenvolvemento hostalería, o comercio, e xerando riqueza. Cada visitante convértese nun embaixador do territorio, que contribúe a preservar e dar a coñecer o noso patrimonio”.

A campaña das rutas fluviais continúa activa ata o 7 de decembro con dúas rutas dispoñibles: a Ruta Fluvial do Cañón do Sil, con capacidade para 159 prazas, e a Ruta Fluvial do Cabo do Mundo, cunha capacidade de 63 viaxeiros. Esta oferta inclúe tarifas especiais para colectivos, persoas xubiladas, mozos, desempregados e familias numerosas.

As persoas interesadas en realizar algunha das dúas rutas que ofrece a Deputación de Lugo, reservar praza e consultar máis información poden reservar a súa praza a través da páxina web: https://reservas.rutasembalses.es/.

Datas e horarios ata fin de tempada

No mes de outubro, os viaxeiros poderán facer a ruta Canón do Sil que ofrecerá servizo no catamarán Mencía de mércores a venres con dous horarios, ás 11:30 e ás 16:30 horas. As fins de semana e os días 8, 9 e 10, coincidindo coa ponte do Pilar, entrará tamén en servizo o monocasco Canón do Sil, ofrecendo entre ambas embarcacións rutas ás 11:00, ás 11:30, ás 16:00 e ás 16:30 horas. A ruta Cabo do Mundo ofertará as fins de semana e os días 8, 9 e 10 viaxes ás 11:30 e ás 16:30 horas.

En novembro os viaxeiros só poderán facer rutas en catamarán nas fins de semana. Durante o primeiro fin de semana, con motivo da festividade de Todos os Santos, a ruta Canón do Sil ofrecerá viaxes ás 11:00, ás 11:30, ás 16:00 e ás 16:30 horas. Desde a fin de semana do 8 e 9 de novembro só operará o catamarán Mencía no embarcadoiro Ponte do Sil, con saída ás 11:30 e ás 16:00. A ruta Cabo do Mundo funcionará todo o mes ás fins de semana ás 11:30 e ás 16:00 horas. O servizo rematará coa ponte de Decembro. Entre os días 1 e 8 desde mes, o embarcadoiro Ponte do Sil e Belesar Pobo ofertarán viaxes ás 11:30 e ás 16:00 horas

ÚLTIMAS

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...

47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

Os deputados populares salientaron en Paradela que un total de 47 empresas da provincia...