HomesociedadeLuz verde para comezar as obras de substitución das pérgolas de Ponte...

Luz verde para comezar as obras de substitución das pérgolas de Ponte Fontecha e Reboredo

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de asinar as actas de replanteo e inicio de obra dun total de cinco proxectos que afectan ao viario municipal e á estética da cidade e que supoñen unha mellora destes espazos públicos. Son cinco actuacións que suman unha inversión de arredor de 400.000 euros e que comezarán nos próximos días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En concreto, trátase dos traballos de renovación do firme da rúa Ourense, da mellora da pavimentación en varios camiños municipais de Ribas Altas, Sindrán e A Candeda, e da substitución das pérgolas da Praza de Ponte Fontecha e rúa Reboredo.  

Estas actuacións enmárcanse no programa de mellora de infraestruturas e equipamentos urbanos da cidade, “un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas desde 2015”, salienta o Alcalde. No caso dos traballos de pavimentación, o rexedor destaca a importante renovación que se está facendo no viario municipal, mentres que a substitución das pérgolas ten que ver coa liña de mellora das infraestruturas e mobiliario urbano que, xunto co proxecto de reforma do Parque da Compañía, na que se inveisten mais de 272.000 euros, e o proxecto de urbanización da zona D, adxudicado por 420.000 euros e actualmente en obras, cambiarán a fisionomía do centro da cidade.

A obra da rúa Ourense adxudicóuselle á empresa Extraco por 91.657,50 euros e cun prazo de execución de 1 mes, estes traballos consisten no fresado completo da vía e na reposición da capa de rodadura ao longo de 620 metros lineais, cun ancho medio de 8,86 metros. Contemplan tamén a renovación da sinalización horizontal, co pintado de marcas viais, símbolos e cebreados. A superficie total de actuación é de 5.495 m2, entre o entronque coa Avenida de Galicia e a rúa do Río.

A empresa Extraco executará por 144.055,34 euros cun prazo de execución de 1 mes as vías municipais de Ribas Altas. Os traballos desenvolveranse en varios viais na parte esquerda de Ribas Altas, entre a estrada provincial e o río Cabe, no entorno da área recreativa. En conxunto, suman unha lonxitude total de 1.895 metros, cun ancho medio de 4,30 metros e unha superficie de 8.160 m2. Ademais, a intervención contempla a mellora do acceso central desde a área recreativa ata a estrada provincial. Concretamente, ensancharase o primeiro tramo ata os 6 metros, e na parcela municipal colindante crearase unha zona verde con plantación de arboredo, céspede e colocación de mobiliario urbano, mellorando este espazo recreativo no que tamén se ubica o local social.

A mellora de camiños en Sindrán e A Candeda adxudicouse por 87.412,66€ á empresa OPAGA003 SL, cun prazo de execución de 1 mes. As vías municipais incluídas neste proxecto suman un total de 4,735 km de lonxitude.

Pérgolas na Praza Ponte Fontecha e rúa Reboredo

Os dous proxectos de execución de substitución das Pérgolas adxudicáronse á empresa Extraco S.A. por un importe que suma 64.180,65 euros e teñen un prazo de execución de 3 meses. No caso da Pérgola de Ponte Fontecha, a contía ascende a 44.608,43€, mentres que a intervención na rúa Reboredo ten un orzamento de 19.572,22€.

Ambos equipamentos municipais atopábanse nun mal estado de conservación, con pezas deterioradas e deficiencias nalgún dos apoios no pavimento.

A estrutura da Praza Ponte Fontecha consiste en cinco pérgolas formadas por piares e vigas de madeira pintada, todas de planta cadrada, aínda que con diferentes alturas, mentres que na rúa Reboredo son dúas pérgolas tamén de planta cadrada e diferentes dimensións. As actuacións a realizar consistirán na substitución das pérgolas existentes, por outras novas, coas mesas dimensións e instaladas na mesma ubicación.

Neste caso, serán de aceiro inoxidable e madeira, cos piares e vigas en aceiro inoxidable, un material mais duradeiro e de mellor conservación que as actuais. As vigas superiores serán en madeira, integradas no entorno, o que vai supoñer, en palabras do Alcalde, “unha mellora moi importante na estética da cidade, no centro mesmo de Monforte”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...