HomesociedadeDo 13 ao 16 de outubro péchase a zona infantil do Parque...

Do 13 ao 16 de outubro péchase a zona infantil do Parque da Compañía

As obras de reforma integral do Parque da Compañía que se executan desde o pasado mes de agosto requiren o peche temporal da zona infantil de xogos, concretamente durante tres xornadas desde o vindeiro luns 13 ás 8.00 horas ata as 8.00 horas do xoves 16.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto de reforma integral ten como base unha actuación completa de renovación dos firmes e das zonas verdes nunha superficie de 10.025 m2 ao sur da explanada, no entorno dos Escolapios. O contrato adxudicouse en xuño á empresa Calfensa Proyectos S.L. por un importe de 223.832,94€, e as obras avanzan a bo ritmo.

As actuacións previstas contemplan á substitución do firme do percorrido peonil e do carril bici que bordea a zona oeste do parque, que ampliará a anchura ata os 2 metros en todo o seu percorrido. Substituirase o firme actual de pavimento granular por outro de formigón de 20 cm, máis acorde cun percorrido deste tipo e máis seguro para os ciclistas e cómodo para o tráfico peonil.

Nas zonas verdes, procederase á substitución dos arbustos existentes, incluso dalgunhas árbores de pequeno porte que dificultan o seu mantemento e conservación en condicións adecuadas de limpeza, por unhas zonas de céspede con instalación de rego automático, fáciles de manter e conservar en condicións axeitadas. Nestas zonas achegarase terra vexetal para alcanzar unha cota e darlle unhas caídas adecuadas que faciliten o seu mantemento posterior.

Tamén se eliminarán os bordos nos cambios de pavimento, así como nos bordos das zonas verdes, que poden producir caídas e inconvintes para os peóns.

Na zona central actual, onde existen árbores e mobiliario urbano que na actualidade está nunha cota baixa, rechearase con jabre extendido e compactado. Para levar a cabo estas actuacións, procederase ao levantado e recolocación do mobiliario urbano existente, así como dos aparatos biosaudables, bancos e mesas de pedra.

Ademais, dado o gran uso que ten a zona polos veciños e veciñas de Monforte, crearanse novos paseos peonís pavimentados con formigón fratasado e novo mobiliario urbano: bancos de fundición, papeleiras de aceiro e fontes con grifos pulsadores e reixas sumideiro.

Así mesmo, procederase á mellora da iluminación da zona con luminarias LED e pintado de marcas viarias, continuas e discontinuas e de símbolos no percorrido peonil e no carril bici.

Esta actuación ven a completar as melloras que nos últimos anos levou a cabo o Executivo de José Tomé nesta zona tan importante da cidade como é a Compañía. Neste senso, o Alcalde indicou que “con esta actuación, seguimos a completar as accións de mellora que dende o Concello levamos a cabo neste espazo e que significaron a consecución dun novo parque infantil (177.000€), a construción dunha pista de Skate (77.000€), a mellora da pista polideportiva (48.000€) e a mellora da fonte cibernética da praza da Compañía (62.000€), polo que o investimento total destinado nos últimos anos para mellorar unha das zonas de esparcemento e lecer máis utilizadas da cidade, supera os 580.000 euros”, subliña o Alcalde.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...