HomeCultura"Retrincos e Cousas de Castelao", este 11 de outubro na Casa da...

“Retrincos e Cousas de Castelao”, este 11 de outubro na Casa da Cultura de Monforte

A representación da obra será ás 20:00 h. con entrada libre e cargo da Asociación Cultural Teatreiras de Monforte. O espectáculo forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado que promove a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A peza, montada e coordinada por Francisca Abeledo, rende homenaxe ao escritor galego Castelao no ano no que se conmemora o 75 aniversario do seu pasamento. Tamén o grupo está de celebración, pois celebra 25 anos de actividade.

Coa dobre intención de conmemorar o ano Castelao e a súa propia traxectoria, Teatreiras preparou “esta homenaxe a tan interesante personalidade da nosa cultura.  E fixémolo dende a adaptación dunha peza teatral arredor dos seus contos e das súas famosas ilustracións”, explica a directora, Francisca Abeledo.

A montaxe estrutúrase nunha sucesión de escenas que representan a cotiandade da época que Castelao reflexou na súa obra, unha Galiza que vivía tempos convulsos e complicados, onde a emigración presentouse como unha oportunidade de mellora, pero deixou unha grande dor para as familias que quedaban escindidas.

Elenco: Pilar Cambón, Clarisa Mira, Rita Aira, Noelia Pastor, Iago Fernández, Gloria Guerrero, Enzo González, Yolanda Gómez, Alicia Vega, Carolina López, Natalia Pereiro, Estefanía Macineanu.

Cartel da obra

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...