Homesociedade“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Para conmemorar o Día da Muller Rural que se celebra todos os anos o 15 de outubro, o Concello de Monforte, a través da Concellería de Muller e Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza un Programa de formación sobre habilidades e competencias para o emprego dirixido a mulleres. O curso ten carácter gratuíto e desenvolverase os días 15, 16 e 17 de outubro no salón de actos do Centro Cívico e Social (Paseo do Malecón s/n), en horario de 09.30 a 14.00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa Fundación Mujeres e ten por título “Habilidades e competencias para o emprego: adestra as túas competencias para encontrar emprego”.

O CIM vén colaborando con Fundación Mujeres dende o ano 2020 na realización de accións formativas dirixidas a mulleres de Monforte para mellorar a súa inserción laboral. Este ano, a formación diríxise a mulleres desempregadas ou en procura de mellora laboral, mozas sen experiencia, maiores de 45 anos, mulleres de familias monoparentais e mulleres residentes no rural.

Así, as participantes nestas xornadas formativas terán a oportunidade de coñecer e usar os recursos de procura de emprego, como son o currículum vitae, carta de presentación, entrevistas ou o uso da Internet. A través desta actividade, desenvolveranse nas alumnas actitudes e aptitudes para o seu autocoñecemento e xestión emocional, co fin de aumentar a súa empregabilidade e afrontar os diversos escenarios do mercado laboral. A formación aportará tamén competencias para a súa inserción no mercado laboral para atopar, manter e desenvolverse nun posto de traballo.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, polo que as  mulleres interesadas deberán anotarse no CIM ou no número de teléfono 982 416 350. Trala finalización do obradoiro recibirán un certificado de asistencia.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...