HomesociedadeO CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Ata o 25 de outubro ofrece unha programación especial cunha chea de actividades gratuítas dirixidas a todos os públicos. Playmobil Sky Trails, Obradoiros Explorania, ou un Espazo Gaming son algúns dos seus atractivos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos e moitas sorpresas máis no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense para celebrar o seu 24º Aniversario.

Entre as actividades máis destacadas atópase o Playmobil Sky Trails, un espazo de xogo e construción con figuras e circuítos, situado no segundo andar do Centro Comercial e dispoñible de xoves a domingo de 17 a 21:00 horas, e os sábados tamén en horario de mañá de 12 a 14:00 h.

Para os máis aventureiros e as máis aventureiras unha opción de interese será participar nos Obradoiros Explorania (de 3 a 11 anos), talleres para descubrir a xungla e mundos máxicos, que se celebrarán os venres e sábados pola tarde de 16:30 a 20:30 h. e para os/as amantes dos videoxogos haberá un Espazo Gaming, con videoconsolas de última xeración (NintendoSwitch, Switch 2 e PS5) e un novo completo simulador racing na planta baixa. Haberá torneos e estrea de novos videoxogos.

CLUB PONTI, EXPOSICIÓN E MAXIA

O Club de Ponti tamén está de celebración, xa que cumpre o seu primeiro ano con máis de 1.500 socios. Para conmemoralo, entregarase un agasallo especial: unha foto impresa coa mascota Ponti presente, que ademais celebra o seu terceiro aniversario. Esta actividade desenvolverase ata ao 25 de outubro no espazo de talleres de luns a sábado de 18 a 20h.

A programación complétase cunha exposición artística dos alumnos da Academia de Arte Simón Muñoz, que poderá visitarse a partir do 10 de outubro na segunda planta, e un gran show de maxia a cargo do mago Pablo Estévez, que poñerá o broche final ás celebracións o sábado 25 ás 19:00 horas.

Con esta ampla proposta de lecer, o Centro Comercial Ponte Vella reafirma o seu compromiso con Ourense como punto de encontro, entretemento e vida familiar, convidando a todas e todos a gozar do seu 24º aniversario nun ambiente cheo de ilusión e diversión.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...