HomesociedadeUnha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores, 15 de outubro, a cesión á Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo dunha aula informatizada no Edificio Multiusos destinada á realización das probas teóricas para a obtención de permisos de conducir

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais que levaban un tempo trasladando a necesidade dunha aula informatizada para desenvolver estas probas e evitar que os aspirantes acabaran tendo que desprazarse a Lugo, “Monforte convértese así no primeiro Concello de Lugo que dota un local con este equipamento para a realización do exame teórico de conducir, xa que actualmente só as instalacións da propia Xefatura Provincial de Tráfico en Lugo contan cun espazo informatizado”.

A aula dará cobertura a todas as autoescolas da zona sur da provincia de Lugo e estará operativa a partir de novembro, sendo o día 17 a primeira data sinalada nese mes para a realización de exames teóricos. O local estará a disposición única e exclusivamente da Xefatura Provincial de Tráfico para a realización das probas teóricas un mínimo de 2 días ao mes e, entre outras vantaxes, os aspirantes obterán so resultados en tan só dúas horas.

O equipamento específico da aula consta de 20 ordenadores para os aspirantes con pantallas táctiles ‘todo-en-uno’ que serán de uso exclusivo da Dirección Xeral de Tráfico e 1 ordenador central para o examinador ou persoa encargada de xestionar a proba teórica, ver os resultados e supervisar que todo funciona correctamente.

“Falamos dunha inversión do Concello de 22.000 euros na adquisición e montaxe de equipos informáticos e todo o mobiliario necesario para a realización dos exames”, explicou o alcalde.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...