Homesociedade'Ok(c)toberfest' no barrio de Carude, en Monforte

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

A Asociación de Veciños organiza unha festa este sábado 18 de outubro a imitación da popular celebración alemana e para dinamizar o barrio.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada festiva que imitará o popular ‘Oktoberfest’ alemán que se está exportando xa a todos os recantos do mundo. Neste caso chamarase ‘Ok(c)toberfest’, está organizado pola Asociación de Veciños de Carude, e contempla actividades dende as 13:00 ata as 20:00 h.

Segundo nos conta Juan, da organización, a idea xurdiu “para dinamizar o barrio que está quedando sen movemento comercial e cremos que hai que darlle vida dalgunha maneira”. Así mesmo, comenta, “aproveitando que a decidimos facer este mes pensamos que unha festa imitación ao oktoberfest alemán, que se organiza xa en moitos sitios, podía ser unha novidade que lle guste á xente”.

Segundo nos explica tamén o noso interlocutor, no espazo onde se fai a festa haberá música en directo, unha carpa, barra e mesas para que a xente que se achegue poda degustar varias cervexas extranxeiras –2 alemanas, 1 italiana e outra belga–, e comer, salchicas e panceta. Ademais, haberá cervexas 0’0, auga e refrescos.

A festa, que comezará cunha ‘sesión vermú’ e rematará cun ‘tardeo’ na zona da ‘Capilla de Carude’, inclúe na programación o concerto do grupo ‘Segunda Parte’ ás 13:30 h., unha sesión de xogos populares e sorteos para a cativada a partir das 16:30 h.; e o concerto do grupo ‘Dinosaurios’ ás 18:00 h.

OS GRUPOS MUSICAIS

Segunda parte é unha formación musical monfortina de recente creación, que fai versións pop-rock e que conta con músicos (profesores e alumnos) da academia I-Creativa que se estrearon o pasado verán no ciclo de concertos por barrios que patrocina e organiza o Concello de Monforte. Curiosamente, tres dos compoñentes don do barrio de Carude.

Dinosaurios é un grupo de Monforte de Lemos que fai versións de pop-rock en castelán cun repertorio no que se atopan principalmente cancións do panorama musical dos 80-90 aínda que tamén se inclúen algúns máis actuais. Así, o público poderá escoitar dende ‘Radio Futura’, ‘Leño’ e ‘Los Ronaldos’, ata ‘M Clan’ ou ‘Los Zigarros’.

Dinosaurios

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...