HomesociedadeA entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Para a adquisición deste material, a asociación contou con financiación da Xunta de Galicia a través do destino do 0,7 % do IRPF na declaración da renda --o coñecido X solidario-- e tamén á xestión de COGAMI.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente en promoción a da autonomía e accesibilidade das persoas con discapacidade, a Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos vén realizar obras nun dos aseos do seu centro de atención Diurna para facelo máis accesible e inclusivo.

O novo espazo conta cun lavabo e un inodoro regulables en altura, que permiten adaptarse ás necesidades específicas de cada persoa usuaria. Ademais, incorporouse unha camilla abatible que facilita o cambio postural e a hixiene das persoas que o precisen, garantindo sempre a súa seguridade e comodidade. Un dos elementos máis destacados da reforma é a instalación dunha grúa de teito, que facilita os desprazamentos dentro do aseo e reduce o esforzo físico tanto das persoas usuarias como do persoal que lles presta apoio. Para reforzar a seguridade, instaláronse en tódolos aseos sistemas de alarma accesibles, que permiten solicitar axuda en caso de emerxencia.

FINANCIAMENTO

Para a adquisición deste material, a Asociación AGORA contou con financiación da Xunta de Galicia a través do 0,7% do IRPF a través de tódalas persoas contribuíntes que marcaron a casilla 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, máis coñecida por X Solidario, e a xestión de COGAMI entidade da que Asociación AGORA é membro.

Asociación AGORA leva varios anos promovendo unha mellora dos seus espazos e instalacións marcando como obxectivo sempre a busca dunha maior confortabilidade e accesibilidade universal nas instalacións, así como unha atención de calidade e sostible que oferta e cun firme compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que marca a Axenda 2030.

ÚLTIMAS

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...