HomeDeportesArrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

Nos 5 primeiros días anotáronse xa unhas 300 persoas. A proba será do 28 de febreiro ao 1 de marzo do vindeiro ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga Trail Challenge e xa se rexistraron máis de 300 participantes. Nunha primeira estimación un 26% son mulleres e un 25% provén de fóra de Galicia, consolidando o evento como unha das probas de trail máis atractivas do noroeste peninsular.

O Quiroga Trail Challenge celebrarase os días 28 de febreiro e 1 de marzo do vindeiro ano con varias distancias adaptadas a diferentes niveis de corredores de montaña. “As probas, que combinan técnica, beleza e esixencia, transcorren polas espectaculares paisaxes do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, un das contornas naturais máis impresionantes de Galicia”, comentan dende a organización.

A coñecida tamén popularmente como ‘A festa do trail galego’ destaca polo seu ambiente familiar, o compromiso co medio ambiente e a promoción do territorio como destino de deporte e natureza. Como en pasadas edicións, a organización está a traballar intensamente nos trazados das distintas probas para garantir unha experiencia segura, emocionante e respectuosa coa contorna.

Paisaxe nun dos percorridos da proba 2025. Foto: QTC.
CONSECUENCIAS DOS INCENDIOS DO VERÁN

Por mor dos incendios forestais sufridos en Quiroga este pasado verán o evento tivo que adaptar os seus percorridos. Para a edición de 2026, prevese que se recupere protagonismo da zona Lor que non se viu tan afectada.

Tradicionalmente, o QTC desenvólvese en dúas xornadas, cun día de “Territorio Castelo” e outro día de “Territorio Lor”. “En 2026 está planeado que o sábado se disputen as probas na zona Lor, e o domingo na zona Castelo”, comentan tamén dende a organización.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...