O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade 25/26 ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2025, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicada no DOG 136 do 17 de xullo de 2025; con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e aos fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.
O obxectivo do PIE é mellorar a ocupabilidade e inserción laboral das persoas en situación de desemprego; proporcionando, entre outros, orientación personalizada, información, asesoramento, formación, prospección e intermediación laboral.
O número de participantes ascende a 100 persoas desempregadas dos concellos que integran o programa. Impartiranse 16 accións formativas do catálogo de especialidades do SEPE; que se completarán se así o desexa o participante, con prácticas en empresas para acadar unha maior cualificación de cara ás demandas do mercado laboral. A asistencia ás accións do programa será remunerada cunha bolsa por importe de 10€/día. Para favorecer a participación poñeranse en marcha medidas de conciliación para o coidado de menores ou maiores a cargo.
| NOME DO CURSO |
| MANTEMENTO BÁSICO DE LIMPEZA EN INSTALACIÓNS |
| CONDUCIÓN DE CARRETILLAS ELEVADORAS |
| XESTIÓN BÁSICA DO ALMACÉN |
| TÉCNICAS BÁSICAS DE PRIMEROS AUXILIOS |
| COACHING: DESENVOLVEMENTO DE PERSOAS |
| HABILIDADES SOCIAIS DE ATENCIÓN AO CLIENTE NA VENDA |
| TRAMITES ON-LINE COA ADMINISTRACIÓN |
| PROCESO DE EMPRENDER |
| ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR |
| OPERACIÓNS BÁSICAS DE CAIXA |
| MONITOR DE TEMPO LIBRE |
| DEPORTE ESCOLAR |
| MANIPULADOR DE ALIMENTOS |
| TÉCNICAS E COIDADOS AUXILIARES EN XERIATRÍA |
| INSERCIÓN LABORAL, SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL E NA IGUALDADE DE XÉNERO |
| ANÁLISE DE RISCOS ESPECÍFICOS NO POSTO DE TRABALLO |

PIE Chantada / Concello de Chantada
As persoas candidatas a participar son preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia que lles comunica a súa inclusión no programa. Se algunha persoa non citada está interesada en formar parte dos cursos, poderá acudir á selección que comezará o 10 de novembro nos concellos de Pantón e Sober, para rematar o 14 en Carballedo e Chantada. O requisito imprescindible para todas aquelas persoas que desexen participar no programa é estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego no momento da selección
Datas e horas da selección por concello:
| Concello | Data | Hora | Emprazamento |
| Sober | 10/11/2025 | 9:30 | Casa do Concello |
| Pantón | 10/11/2025 | 11:30 | Casa do Concello |
| O Saviñao | 11/11/2025 | 9:30 | Centro Sociocultural 3ª idade |
| Taboada | 11/11/2025 | 11:30 | Casa da Cultura |
| Vilamarín | 12/11/2025 | 9:30 | Casa do Concello |
| Amoeiro | 12/11/2025 | 11:30 | Casa do Concello |
| A Peroxa | 13/11/2025 | 9:30 | Casa do Concello |
| Coles | 13/11/2025 | 11:30 | Casa do Concello |
| Carballedo | 14/11/2025 | 9:30 | Casa do Concello |
| Chantada | 14/11/2025 | 11:30 | Auditorio Municipal |

