HomeCulturaLemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: "Contra a desinformación,...

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Lemos Le é un colectivo formado por bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais (BPM) e a Asociación de Librarías da comarca de Lemos, que para o sábado, 25 de outubro, organizan xantar de confraternidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día das Bibliotecas. Para conmemorala organizan un xantar de confraternidade con todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación baixo o lema deste ano: “Contra a desinformación: bibliotecas” coa intención de destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na loita contra a desinformación.

Esta décimo primeira xuntanza celebrarase o sábado, 25 de outubro, no Restaurante Berso (Sober) a partir das 14:00 horas. Quen desexe asistir poderá recoller a súa entrada nas Bibliotecas Públicas Municipais da Pobra de Brollón, Bóveda, Pantón, O Saviñao e Sober ou nas bibliotecas escolares do colectivo a un prezo de 40 €.

Este ano contarase coa colaboración literaria de Moncha Prieto, autora soberina do libro Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra que agasallará cun texto para conmemorar o Día das Bibliotecas. A súa colaboración súmase á de outros autores da comarca de Lemos que participaron en pasadas edicións como Dani Viéitez e Iria Iglesias, Olga Novo, Manuel Veiga, Lois Diéguez, Ramón Sandoval, Xabier Quiroga, Alicia Fernández, Flora Enríquez, Noa Moreira, Margarita R. Otero, Antón Lopo ou o Colectivo Erre que Erre. Regueifa Rabuda.

Integran Lemos Le as seguintes bibliotecas escolares: CEIP A Gándara, CEIP Plurilingüe Monforte, CEE Infanta Elena, Escola Oficial de Idiomas, IES Daviña Rey, IES A Pinguela e IES Río Cabe de Monforte de Lemos, CEIP A Pobra do Brollón, CEIP Monte Baliño de Pantón, CEIP P. Virxe do Carme de Sober, CEIP Rosalía de Castro de Bóveda e CPI Dr. López Suárez do Saviñao. Así como as Biblioteca Públicas Municipais da Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao e Sober.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...