HomeEconomíaUn Plan estratéxico e de dinamización territorial para impulsar o sector do...

Un Plan estratéxico e de dinamización territorial para impulsar o sector do viño

Os conselleiros de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e do Medio Rural, José González, presentaron a iniciativa na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid.

Publicado o

- Advertisement -

O Plan estratéxico e de dinamización territorial das 5 denominacións de orixe do viño en Galicia ten como obxectivo mellorar o posicionamento dos viños galegos e das comarcas que representan. A iniciativa que leva por nome Paseando entre viñedos: Enoturismo en Galicia. Senda estratéxica das comarcas vitivinícolas galegas, pretende mellorar a coordinación público-privada para fomentar o desenvolvemento territorial a partir do sector vitivinícola.

Farase un estudo e posterior diagnóstico socioeconómico dos territorios implicados, analizando as súas infraestruturas, os servizos públicos, a súa situación demográfica e o tecido asociativo e empresarial. No ámbito turístico, o plan analizará o sector, recollendo aquelas instalacións, servizos e atractivos turísticos presentes nestas comarcas. Xa co diagnóstico da situación na man, estableceranse as directrices a seguir en cada denominación creando unha estratexia coordinada entre todas elas.

Tamén co obxectivo de promocionar o sector, a Xunta está desenvolvendo melloras na sinalización das rutas do viño. Xa se fixo en Rías Baixas e O Ribeiro e neste ano actuarase en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras. A administración autonómica tamén está desenvolvendo unha nova estratexia de turismo enogastronómico, Galicia Sabe, que foi avaliada a semana pasada no Consello da Xunta.

Román Rodríguez Galicia lembrou que Galicia “é un destino cunha gastronomía e unha cultura do viño auténtica, con personalidade, que propón unha oferta baseada na súa identidade cultural, na diversidade de paisaxes e na riqueza e variedade de produtos de proximidade e de tempada”. O sector do viño en Galicia implica a máis de 15.000 viticultores e 400 bodegas, que producen uns 60 millóns de quilos ao ano.

Presentación do Plan en Fitur / Consellería do Medio Rural

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...