HomeMedio ambiente e PatrimonioO Concello de Chantada xa suma 3 vehículos eléctricos á flota municipal

O Concello de Chantada xa suma 3 vehículos eléctricos á flota municipal

O Concello de Chantada vén de adquirir dous novos vehículos eléctricos para os departamentos de Obras e Medio Ambiente e Parques e Xardíns. As novas adquisicións súmanse ao vehículo co que o Concello de Chantada conta desde o pasado ano para a recollida de residuos orgánicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os dous novos vehículos teñen un orzamento de 88.400€, dos que o Concello de Chantada aporta 19.000€. O resto da financiación chega, por unha banda a través de axudas dos fondos Next Generation da Unión Europea para a mellora medio ambiental na recollida dos enseres, nos traslados dos puntos limpos polas diferentes parroquias ou para a recollida de residuos perigosos na rúa; e por outra polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, que ofrece axudas para mellorar a limpeza e a sostibilidade dos municipios.

“Con estes dous novos vehículos eléctricos para os servizos municipais demostramos o compromiso do Concello de Chantada co medio ambiente e coa xestión dos fondos. Para estas liñas de subvención, desde as concellarías de Parques e Xardíns e Medio Ambiente realízase un traballo constante de mellora e conservación que despois se recolle nas memorias correspondentes e así chegan as subvencións que fan que poidamos ter estes vehículos por menos de 20.000€, e seguir reducindo as emisións”, explica alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Estes dous novos vehículos destinaranse ás brigadas de Parques e Xardíns e a de Obras e Medio Ambiente, indistintamente, para os traballos diarios segundo as necesidades. Trátase de vehículos multifunción de pequeno formato que resultan idóneos para tarefas no casco urbano ou zonas de difícil acceso, podendo circular por espazos estreitos para facer as recollidas ou reparacións correspondentes. Facilitarase así o mantemento dos tramos máis complicados en áreas como o Paseo Fluvial.

ÚLTIMAS

O Museo do Ferrocarril de Galicia amplía espazo expositivo

A nova sala, que se vén de abrir, recolle elementos relacionados coa historia e...

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios...

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...