HomeDeportesII Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Será a segunda vez que Taboada acolle esta competición, que reunirá ciclistas de distintas categorías desde Infantil ata Master 60. A cita desenvolveráse nun circuíto de 2,5 quilòmetros pola contorna da vila, con saída e meta na Praza de Riazón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a terceira proba do calendario da Copa Galicia de CicloCrós, coa que colaboran o Concello de Taboada e Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O vicepresidente da Deputación da Lugo Efrén Castro particpou na presentación da proba, xunto a representantes do club, ao tenente de alcalde de Taboada Jose Portela, ao concelleiro de Cultura e Deportes Manuel Diéguez e ao presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz. As pobas deportivas comezarán ás 10:00h.

Efrén Castro valorou “a aposta da área de Deportes de Taboada por organizar por segundo ano consecutivo esta proba do calendario galego de ciclismo, que ademais da relevancia deportiva ten tamén unha repercusión na dinamización da hostelería e na proxección turística da vila”.

Os representes municipais explicaron que “aproveitamos a experiencia adquirida o ano pasado para repetir como sede da Copa Galicia de Ciclocrós, que supón unha oportunidade para dar a coñecer o noso concello e para traer persoas visitantes á vila, ademais de promover a práctica do deporte”

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...