HomesociedadeA A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

A Asociación asegura estar recibindo numerosas queixas polo comportamento da empresa de transportes Monbus, que fai o traxecto entre O Saviñao e Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web son incorrectos e nos últimos meses as persoas usuarias do autobús teñen que viaxar de pé, “pero non uns poucos quilómetros ou en situación excepcionais, senón de maneira frecuente e durante traxectos longos, de máis de media hora”.

Lembran desde a Asociación que as liñas de autobuses interurbanos son concesións suxeitas a normas, como cumprir uns horarios, garantir a seguridade da pasaxe e ofrecer praza a todas as persoas que queren viaxar, aínda que haxa que habilitar outro vehículo.

“As constantes queixas son porque a empresa non cumpre coas súas obrigas. Unha vez máis, a poboación do rural é a vítima dunha política institucional que ignora as nosas necesidades léxitimas para favorecer as ganancias do sector privado”, aseguran e insisten en que as autoridades interveñan nesta situación, “pois o transporte público é un dereito que está por riba dos intereses económicos dunha empresa”.

ÚLTIMAS

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...

Roteiro “entre petróglifos e castros” en Pantón

A asociación cultural Segredos de Pantón convida a unha nova actividade o vindeiro domingo...