HomePolíticaEsperta Monforte leva a pleno traballar cara unha "cidade 30"

Esperta Monforte leva a pleno traballar cara unha “cidade 30”

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns dúas mocións, unha cara unha "cidade 30" e noutra demandan traballar no PXOM.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O límite de velocidade de 30Km/h, nas rúas dun carril por sentido de circulación foi establecido polo regulamento xeral de circulación aprobado en 2020. Esa norma é un punto e partida para mellorar a calidade de vida, orientada a reducir a siniestralidade urbana. Lembra Esperta Monforte que son os Gobernos locais os que teñen competencias para a súa xestión e cumprimento.

Coa moción propoñen facer unha campaña de comunicación sobre a normativa vixente e a súa aplicación na cidade, crear un proceso de participación cidadá para a aplicación da nova regulación, crear un plan de mobilidade e aplicar as medidas correspondentes.

Noutra moción solicitan iniciar os traballos de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal. “Levan 11 anos contestándonos que teñen outras prioridades, moitas das cales precisan de plans praciais, que se están levando a cabo cun custe para as arcas municipais e 10 anos despois nada sabemos do inicio dos estudos para o PXOM”, aseguran.

Nos rolgos falan do estado de varios peches de fincas particulares no centro da cidade e solicitan que se faga cumprir a ordenanza municipal, tamén cuns postes de madeira en beirarrúas do Morín. E refírense á inauguración da Piscina Muncipal da Pinguela, para a que non se invitou a ningún membro da oposición e culpa a Tomé de facer o mesmo tipo de falta de trato do que acusa á Xunta con Monforte

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...