HomePolíticaConcentración o 28 de outubro ás 12:00 diante do Hospital de Monforte

Concentración o 28 de outubro ás 12:00 diante do Hospital de Monforte

O BNG nas comarcas do Sur de Lugo convoca esta concentración co lema, SOS Hospital Comarcal de Monforte, para reclamar, unha vez máis, "que cese o desmantelamento do Hospital Comarcal de Monforte".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacionalistas demandan que se dote de persoal e medios humanos suficientes o centro hospitalario, denunciando que “o Goberno galego aproveita períodos afastados das eleccións para acelerar o proceso de deterioro e privatización da sanidade pública no Sur de Lugo”.

Aseguran que a falta de especialistas en Pediatría, Oftalmoloxía e Neuroloxía é insostible, “pois non se cobre nin con desdobres desde Lugo nin coa incorporación de novos profesionais. Todo isto forma parte da folla de ruta do PP para derivar pacientes á sanidade privada e afondar no desmantelamento do servizo público de saúde”, advirten desde o Bloque.

Levan anos anos baleirando de especialistas o Hospital de Monforte, pero en períodos afastados das eleccións a aceleración é evidente, e iso é o que está a pasar agora”, denunciou Rosa Ana Prieto, responsable da organización nacionalista nas comarcas do Sur de Lugo.

Durante a concentración gardarase un minuto de silencio en apoio ás mulleres andaluzas vítimas dos erros nos cribados do Servizo Andaluz de Saúde, “tamén inmerso nun proceso de privatización e adelgazamento do público en favor do negocio privado”.

Á mobilización asistirán o deputado chantadés Iago Suárez, que dará lectura a un breve manifesto; o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda; e o portavoz do BNG en Monforte, Emilio J. Sánchez Iglesias, xunto con outros cargos orgánicos e representantes institucionais do Bloque nas comarcas do Sur de Lugo.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...