A convidada deste Faladoiro será a psicóloga, María Lillo, acompañadas do concelleiro de Servizos Sociais de Quiroga, Xosé Manuel Fdez. María Lillo é monfortina de nacemento e afincada na Pobra do Brollón. Estudou Psicoloxía en Santiago de Compostela e comezou a traballar con persoas maiores. Continuou a súa formación en Terapia Familiar e de Parella no País Vasco, Xeriatría e Xerontoloxía na Universidade da Coruña e finalmente Neuropsicoloxía en Cataluña.
É coñecida no Xeoparque Montañas do Courel pola súa impartición de obradoiros de memoria a través de Afamon, entidade na que traballa dende 2004.
Na cita coñecerase o que se considera deterioro cognitivo e como se manifesta a sintomatoloxía para poder valorar se este é leve ou significativo. Ofrecerase información tamén de como previlo ou frealo e as repercusións persoais e familiares en casos de diagnósticos con afectamentos graves (demencias).
E insistirase na importancia dos talleres que se organizan no concello para manter en forma as habilidades cognitivas dos maiores e para a detención precoz de demencias. Os obradadoiros de memoria destínanse a persoas maiores de 50 anos, celébranse con periodicidade semanal e durante nove meses ao ano no Centro Social. Ofrécese tamén un programa de estimulación cognitiva para persoas con alzhéimer e outras demencias –tres días á semana no Centro de Día–; e organízanse desde o 2024 xornadas formativas para profesionais do coidado de maiores. Estas actividades fanse con profesionais de Afamon (Asociación de Familiares de Enfermos de Alhéimer de Monforte).

