HomesociedadeD.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

O evento tivo lugar do 26 ao 28 deste mes de outubro e a D.O. participou no formato expositivo “Túnel do Viño”, con 13 referencias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da hostalaría, tanto a nivel nacional como internacional, con espazos dedicados a produtos, formación, experiencias de viño e contacto directo entre produtores, distribuidores e profesionais do canal horeca. A D.O. Ribeira Sacra participou no “Túnel do Viño” con 13 referencias.

Durante a feira, a Directora Técnica do Consello Regulador, Beatriz Soto González, atendeu ás persoas visitantes profesionais, ofrecendo información detallada sobre as particularidades dos viños deste territorio vitícola amparado.

Ademais, no marco da feira, realizáronse dúas presentacións específicas, de 45 minutos cada unha, dirixidas a 24 consumidores finais por sesión:

26 de outubroCata Degustación de Viños da D.O. Ribeira Sacra, en colaboración con Daveiga. Esta actividade foi impartida pola directora técnica, Beatriz Soto González, e nela presentáronse os valores da denominación: a súa tradición vitícola, as condicións de produción, e pechouse cunha cata comentada das seguintes referencias: Tinto Ribeira Sacra Summum (colleita 2024); Branco Ribeira Sacra Summum (colleita 2024); e Tinto Ribeira Sacra Summum (mención elaboración en barrica).

27 de outubroGalicia Sabe AMAR: Mexillón de Galicia, en colaboración coa DOP Mexillón de Galicia. Esta sesión foi impartida polo chef Marcos Cabanas, do Restaurante El Olivo (Narón, A Coruña).

Coa presenza en ‘Gastrónoma’, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra buscaba reforzar a súa presenza en feiras especializadas, estreitar vínculos con distribuidores e prescritores do sector, e achegar a súa oferta vitícola a un público especializado que valora a singularidade e a calidade dos viños desta denominación.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...