A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á alcaldesa, Lola Castro, que destaca que “o presidente Alfonso Rueda cumpre o compromiso manifestado durante a inauguración da primeira fase de seguir con esta estrada, que é a columna vertebral do noso concello”.
Raquel Arias incidiu tamén no “exercicio de responsabilidade do Goberno galego ao presentar as contas en tempo e forma” e no “reforzo do gasto social”; xa que prevé dirixir o vindeiro ano 3 de 4 euros a política social, sanidade, educación ou emprego.
Na zona sur da provincia a deputada popular subliñou que “a Xunta de Galicia mantén o seu apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial” e tamén contempla “unha nova convocatoria de axudas para a conservación do entorno paisaxístico e dos viñedos da Ribeira Sacra para o que a Consellería de Medio Rural xa avanzou en Sober que reserva 1,5M€”.
Nos ámbitos de medio rural e medio ambiente, os Orzamentos da Xunta para o 2026 contemplan fondos para o Plan Camiña Rural ao que se estima dirixir máis de 4,5M€ na provincia, o reforzo do apoio ás labores de xestión da biomasa, o servizo de matadoiro móbil para o que se dirixe preto de 1M€, apoios directos ao sector agrogandeiro e partida para a conservación das frondosas na Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel.
As contas presentadas polo Goberno galego recollen achegas directas de preto de 900.000€ para a mellora da eficiencia enerxética no Xulgado de Monforte, 800.000€ para a mellora do saneamento de Pantón, 500.000€ para a mellora do IES A Pinguela de Monforte, melloras tamén na UAF e impulso ao Polo de Emprego de Monforte.
Segundo os populares, orzamentos da Xunta para o 2026 tamén contemplan melloras no equipamento do hospital e nos centros de Atención Primaria, ademais do incremento das retribucións e mellora das condicións laborais do persoal do ámbito sanitario; do sistema educativo e do servizo contra incendios.

