Homesociedade48.000€ para mellorar o acceso a Revide e A Toca en Quiroga

48.000€ para mellorar o acceso a Revide e A Toca en Quiroga

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará melloras na pista de acceso aos núcleos de Revide e A Toca, en Quiroga, a través dun convenio de colaboración co concello

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Rural, Daniel García visitou este mércores a vía na que realizará a intervención, acompañado polos concelleiros de Participación Social, Servizos Sociais e Normalización Lingüística Xosé Manuel Fernández e de Medio Rural e Medio Ambiente Luis Arias, que destacaron o dinamismo destes núcleos con practicamente todas as vivendas habitadas e varios proxectos de rehabilitación de inmobles.

A actuación, que suporá un investimento de 48.000 euros, centrarase na renovación do pavimento actual, cun deterioro importante, e aproveitarase tamén para substituir un tramo de canal para auga de rega.

Daniel García explicou que “desde a área de Medio Rural estamos a facer un esforzo por colaborar na mellora das infraestruturas das zonas rurais, xa que somos conscientes das limitacións orzamentarias dos concellos para atender o mantemento da rede viaria, máis no caso de municipios tan extensos como Quiroga”.

O convenio de colaboración para o arranxo desta pista reforza o apoio da institución provincial ao concello quirogués, que conta cunha asignación de 350.000 euros do Plan Deputación.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...