HomeCultura"Pura", curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro...

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A Casa da Cultura de Quiroga acolle este venres, 7 de novembro, a proxección da curtametraxe “Pura”,  gañadora dos premios Mestre Mateo 2025. A cita ás 20:00h. con entrada de balde

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á casa para recordar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e cos recordos.

A obra acadou o premio a mellor curtametraxe nos Premios Mestre Mateo no 2025, Premio Supernova e Premio Cátedra Cruz Roja-USCPremios no curtocircuíto, Festival Internacional de Cine no 2024; e premio á Mellor curta dirixida por unha muller, Mellor Montaxe e Premio do Público no Aguilar Film Festival do 2024.

A actividade, organizada pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Quiroga; contará coa presentación da obra pola propia directora Carmen Méndez, e unha vez remate a súa proxección, realizarse un coloquio no que tamén participará a directora.

Carmen Méndez está formada en interpretación, voz e violín; e  conta cunha ampla traxectoria como actriz en teatro, cine e televisión. Traballou durante sete tempadas na serie da TVG Pazo de Familia, personaxe pola que foi finalista en dúas ocasións ós Premios Mestre Mateo como Mellor Actriz de Reparto e tamén participou noutras series como O Faro (TVG), Serramoura (TVG), Auga Seca (HBO) ou Élite (Netflix). Recentemente foi un dos personaxes principais da serie Saudade de Ti (TVG). En cine participou, entre outras, na longametraxe “Tres”, de Juanjo Giménez Peña, e protagonizou  a longametraxe documental  “Pelerinaxes”, dirixida por Simone Saibene. No 2024 estreouse na dirección coa galardoada curtametraxe documental Pura.

        

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...