HomeCulturaConferencia sobre a relevancia de Lemos na Idade Media

Conferencia sobre a relevancia de Lemos na Idade Media

Será o 14 de novembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte ás 20:00 h. e correrá a cargo de Luis Manuel Ibáñez Beltrán, Doutor en Estudios Medievais pola USC.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá a conferencia “A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media”. O relator será Luis Manuel Ibáñez Beltrán, doutor en Estudos Medievais pola Universidade de Santiago de Compostela e a organización da actividade parte dos colectivos Amigos do Patrimonio de Lemos e O Colado do Vento.

“A charla abordará o proceso histórico que levou á consolidación de Monforte como centro político, relixioso e económico da Terra de Lemos durante a Idade Media, ofrecendo unha visión actualizada e rigorosa do pasado medieval da comarca”, explican dende a organización.

As entidades Amigos do Patrimonio de Lemos e O Colado do Vento son coñecidas na Comarca de Lemos polas súas iniciativas culturais para a divulgación e posta en valor do patrimonio histórico local.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...