HomesociedadeRemata a primeira fase da recuperación da Casa Escola de Meixonfrío en...

Remata a primeira fase da recuperación da Casa Escola de Meixonfrío en Taboada

A Deputación Provincial investiu 30.000€ para levar a cabo o reforzo da estrutura e da cuberta deste espazo que se converterá nun local social.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantivo un encontro este domingo co alcalde de Taboada, Roi Rigueira Agromartín, e veciñanza da parroquia para comprobar o resultado da primeira fase das obras da antiga Casa Escola de Meixonfrío.

García Porto recordou que “a institución provincial é o concello dos concellos e precisamente baixo esa premisa colaboramos activamente con eles para que poidan ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza”. Nesta liña, avanzou que o proxecto foi posible grazas a un acordo entre a Deputación e o Concello de Taboada “co que damos resposta, conxuntamente, a unha actuación moi demandada entre os veciños”.

Pola súa banda, Roi Rigueira destacou que as obras deste espazo “avanzan a bo ritmo” e agradeceu o compromiso da Deputación, “co noso concello e coa mellora de infraestruturas que contribúen a revitalizar a vida nas pequenas parroquias”. Así mesmo, destacou a importancia de contar cun local social que reforzará a convivencia entre os veciños e veciñas”.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...