HomeCulturaPreséntase a primeira edición en galego do Tombo de  Samos

Preséntase a primeira edición en galego do Tombo de  Samos

A antiga biblioteca de Samos acolleu este venres pola tarde a presentación de  “O Tombo de Samos”, editado pola Editorial Canela coa colaboración do Concello de Samos e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase da primeira edición en galego do códice do mosteiro samonense cuxo orixinal, do século XIII, conserva o Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela. O volume recolle as 287 pezas documentais que conforman o tombo orixinal -documentos reais, eclesiásticos, nobiliarios ou relativos á organizacion, administración e funcionamento do mosteiro que abarcan do ano 785 ao ano 1209-, traducidas ao galego por Xaime Félix López Arias, dando a luz un traballo inxente que o estudoso sarriao realizou ao longo de trinta anos.

O vicepresidente da Deputacíon de Lugo e a alcaldesa de Samos Chus López destacan a importancia de poñer ao alcance de todas as persoas interesadas “esta xoia documental que ten as claves da historia do Mosteiro de Samos pero tamén de toda a súa zona de influencia”.

Os documentos do Tombo de Samos están dixitalizados e dispoñibles na biblioteca dixital Galiciana, mais non contaban ata agora cunha edición completa en papel en galego.

ÚLTIMAS

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A asociación 'Polamiúda' de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla...

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...