HomesociedadePublicadas as axudas para actividades culturais e para equipamentos de locais da...

Publicadas as axudas para actividades culturais e para equipamentos de locais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

A listaxe de entidades beneficiarias publicouse o pasado martes no Boletín Oficial da Provincia. Para actividades culturais o investimento é de 315.000 euros, e para equipamento e melloras de locais sociais de 185.000.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informan fontes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e con resolución provisional publicada na BOP coa listaxe de entidades beneficiarias e contías concedidas, concedéronse 295 subvencións (39 máis que na pasada anualidade), que están destinadas a financiar gastos relacionados coa organización de actividades culturais en todo o territorio da provincia.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “a resposta á convocatoria reflicte o crecente dinamismo das asociacións, unha rede fundamental para facilitar o acceso á actividade cultural e crear espazos de socialización e convivencia, especialmente nas parroquias e concellos máis pequenos”.

A resolución devandita, publicada o martes 25 de novembro no Boletín Oficial da Provincia, será definitiva transcorrido o prazo de 10 días que hai para a presentación de alegacións.

AXUDAS PARA EQUIPAMENTO E MELLORAS

Do mesmo xeito que as subvencións anteriores, tamén se publicou no BOP cales son as entidades beneficiadas e as axudas destinadas a equipamento e melloras en locais de uso cultural. Nesta liña de achegas hai máis de 200 asociacións culturais beneficiarias e cóntase cun investimento de 185.000 euros.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...