HomeCulturaPresentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A autora presenta o poemario 'Versos e lúas" este venres 28 de novembro ás 20:00 h.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará a coñecer ao público unha obra de Rochi Nóvoa, unha escritora, pintora, música, activista cultural e mestra de Sobradelo, en Xunqueira de Ambía.

Trátase dun poemario que leva por título ‘VERSOS E LÚAS” e que está ilustrado por Xosé Eladio. Nel atoparanse “versos que danzan coa maxia dos seres mitolóxicos galegos”.

O acto comeza ás 20:00 h. do venres 28 e a presentación incluirá un recital. Ademais, a autora informa que terá un agasallo especial con aquelas persoas que merquen o libro.

ROCHI NÓVOA

A autora, moi activa culturalmente dende moza, ten publicados poemarios en solitario dende o 2009 e tamén participou en varias obras poéticas colectivas dende o 2014. Tamén destaca por ter colaborado con grupos musicais e por publicar en diferentes medios de comunicación como Nós Diario. Neste 2025 foi finalista do III Premio Internacional de poesía “José García Caneiro.

Tamén é importante comentar que no 2019 recuperou a figura do Farrumeco, unha das personaxes típicas do Entroido da zona (Xunqueira de Ambía) e común a outros concellos

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...