HomesociedadeO Festival 17º Ribeira Sacra Paisaxe celebrará do 18 ao 21 de...

O Festival 17º Ribeira Sacra Paisaxe celebrará do 18 ao 21 de xullo a súa III edición

A organización puxo este luns á venda os abonos para o Festival.

Publicado o

- Advertisement -

Os compradores dos abonos do festival en edicións anteriores foron os primeiros que puideron mercar os deste ano e hoxe ábrese a venda para o público en xeral a un prezo de promoción de 42 euros, a través da web.

O Festival aposta, nesta terceira edición, pola súa consolidación como unha das citas máis singulares do panorama de festivais da Península. A riqueza natural e cultural da Ribeira Sacra volverá a ser unha compoñente básica dun festival que seguirá programando concertos de bandas nacionais e internacionais en escenarios naturais e patrimoniais privilexiados da Ribeira Sacra.

I-radia Crea, promotora do Festival, dará a coñecer nos próximos días, os primeiros artistas confirmados e as novidades dun programa que incluirá, ademais dos concertos, catas de viños, visitas guiadas, roteiros ou cociña de autor. Xa que a música, o viño, a gastronomía e o patrimonio son os catro eixos desta cita.

Na edición de 2019 repetiranse algúns dos escenarios máis singulares das anteriores, como o catamarán de Doade ou o Miradoiro de Santiorxo, e abriranse outros novos co obxectivo de dar a coñecer os encantos deste territorio que vén de ser declarado BIC e aspira a ser Patrimonio Mundial da UNESCO.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...