HomesociedadeReúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

O salón de actos do Centro Cívico Social acolleu este xoves unha nova reunión da Mesa de Coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero da Comarca de Lemos, constituída no ano 2009 dende a Concellería de Muller e Igualdade a través do Centro de Información á Muller. A finalidade desta Mesa é  a de garantir, fomentar e implementar accións e fórmulas preventivas xunto a unha atención de calidade para as vítimas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos que pertencen as distintas áreas de intervención. Concretamente, dos ámbitos Social, Educativo, Sanitario, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Administración de Xustiza e Colexio de Avogados de Lugo. A coordinación é esencial en materia de intervención ante situacións de violencia de xénero, xa que ten que ser unha intervención global e integral, e isto só é posible coa estreita colaboración entre profesionais dos diferentes ámbitos.

Todas as reunións da Mesa de traballo inícianse cunha sesión formativa en materia de violencia de xénero, que nesta ocasión versou sobre “Violencia de xénero dixital: Aproximación práctica”, a cargo de Estefanía Fernández Otero, médica especialista en medicina familiar e comunitaria, e sexóloga experta en prevención dos efectos da pornografía na saúde afectivo-sexual.

Ao remate da formación, as persoas representantes de cada ámbito que conforma a Mesa continuaron co desenvolvemento da sesión, centrada na mellora da atención integral que precisa a problemática da violencia de xénero.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...