HomesociedadeO programa 'Lugo Termal', da Deputación de Lugo, abre prazo de inscricións

O programa ‘Lugo Termal’, da Deputación de Lugo, abre prazo de inscricións

Aprobadas as bases na Xunta de Goberno do pasado venres 28 de novembro, dende o 1 de decembro pódense solicitar xa prazas para a tempada 2025-2026.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A alta demanda que rexistra nos últimos anos o programa Lugo Termal, fará que a tempada 2025-2026 aumente un 20% tanto o investimento como as prazas. “Reforzamos o noso compromiso co turismo termal aumentando o orzamento dos 121.605€aos 145.926€,e o número de prazas elévase de 1.750 a 2.100, incluíndo xa 220 prazas adicionais ampliadas a metade de tempada debido o grande interese que xera esta iniciativa”, informou trala reunión da Xunta de Goberno a Voceira Socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto.

MÁIS PRAZAS QUE AS OFRECIDAS POLA XUNTA

García Porto subliñou que a Xunta de Galicia ofrece 1.276 prazas para toda a comunidade autónoma, mentres que o Lugo Termal supera esa cifra só na provincia, cun total de 2.100 prazas, 824 máis que as ofrecidas pola Xunta. “É un esforzo inversor especialmente significativo, que reforza un turismo en auxe como é o termalismo e que combina saúde, benestar e dinamización económica”, afirmou a Voceira Socialista do Goberno.

O programa Lugo Termal aposta polo benestar e a saúde ofrecendo aos veciños e veciñas da provincia descontos en tratamentos termais nos balnearios de Lugo, Pambre, Guitiriz e Pantón. Está dirixido a persoas empadroadas na provincia que teñan 50 anos ou máis. Os beneficiarios poderán acudir a estes establecementos cun acompañante que non teña necesariamente esta idade. Como en anos anteriores, haberá diferentes técnicas e tratamentos a disposición das persoas usuarias.

HOTEL BALNEARIO AUGAS SANTAS NO SUR DE LUGO

As prazas están dispoñibles en dúas modalidades: con estancia e sen estancia, adaptándose así ás necesidades e preferencias de todos os usuarios e usuarias. Concretamente, o programa contará con 1.320 prazas con estancia: 48 no Balneario Termas de Lugo, 72 no Balneario Río Pambre, 600 no Balneario de Guitiriz e 600 no Hotel Balneario Augas Santas. Ademais a Deputación ofrecerá outras 780 prazas sen estancia: 240 no Balneario lucense das Termas, 180 no Balneario Río Pambre, 180 no Balneario de Guitiriz e 180 no Hotel Balneario Augas Santas.

PARA SOLICITAR PRAZA

O prazo de inscrición abrirá este luns, 1 de decembro ás 09:00 horas, e estará aberto ata esgotar prazas. As solicitudes, acompañadas dunha fotocopia do DNI, poderán presentarse no Rexistro provincial ou a través da sede electrónica da Deputación.

Aquí pódese acceder ás BASES publicadas no Boletín Oficial da Provincia do sábado 29 de novembro.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...