HomesociedadeComo poden axudar os servizos sociais dos concellos?

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

O Concello de Pantón a tráves do Servizo de Apoio e Educación do Concello, leva a cabo un importante traballo de atención ás persoas en situación de vulnerabilidade. Nun contexto social de despoboamento do rural e avellentamento da súa poboación, os profesionais deste servizo detectan novas necesidades nos veciños e veciñas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante a pandemia, o que levou a este departamento a ampliar os servizos de atención para cubrir este tipo de necesidades entre a poboación.

Atenden os Servizos Sociais do Concello de Pantón dúas traballadoras sociais e un educador social que actualmente dan servizo con este programa a unha trintena de persoas que precisan deste apoio social. “Cada vez desde servizos sociais vese que as persoas requiren máis este tipo de atención. A soidade acostuma ser o máis habitual que pode derivar noutras situacións que afectan ao ánimo das persoas”, explica o alcalde, José Luis Álvarez.

A este respecto desde Servizos Sociais do Concello de Pantón lembran ás veciñas e veciños que poden axudar na busca de solucións e crear estratexias que axuden no día a día das persoas. “Moitas veces as persoas teñen medo ou síntense inseguras coas súas inquedanzas. Aquí traballamos desde o anominato e son as persoas as que marcan o ritmo para que as poidamos axudar”, explica o educador social.

Quen dixo medo? Titúlase o cartel do programa co que o Concello de Pantón quere lembrar á veciñanza que ten á súa disposición este tipo de atención social. As persoas que desexen máis información ou compartir a súa situación poden contactar no teléfono 982 45 60 05 (extensión 4) ou no correo: educadorfamiliar@gmail.com

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...