HomeCultura“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

Esta representación, que terá lugar ás 20:15h, pecha a programación do 25N no concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por Xrom e cun elenco artístico formado por Patricia de Lorenzo, Ángela Ibáñez e Chusa Pérez de Vallejo, que aborda a vida de Hellen Keller, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os 7 anos. O prezo da entrada xeral para esta obra será de 5 euros e 3 euros para desempregados, xubilados e estudantes.

Esta obra usa simultaneamente a lingua de signos e a lingua oral, sendo accesible para público oínte e público xordo signante.

Todo comeza cando Chévere Teatro descubre unha muller, totalmente descoñecida para eles, chamada Hellen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os sete anos.

Polo menos esta é a parte da súa vida que fica na memoria colectiva, como un exemplo de superación da discapacidade. E polo que sabemos, a maioría dos seus escritos acaban rescatados como simples aforismos motivacionais. Pero ao investigar en varios arquivos dixitais norteamericanos imos descubrindo outras facetas desconcertantes da súa vida, que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente, nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que os logros de Hellen Keller son falsos, incluíndo unha petición en change.org para eliminala da historia.

Este negacionismo actual desencadea a curiosidade necesaria para abordar a súa historia e compartila co público. Por que se oculta parte da súa vida? A quen lle interesa facelo? Por que queren eliminala da historia? Porque é unha muller, xorda e cega?

Programa teatral do último trimestre

Xoves 11 de decembro, 20.30 h / Edificio Multiusos. “María Visitación Consolación Amadora”, do grupo Loia Producións. Circuíto Teatro Profesional / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte. Entrada gratuíta – Público a partir de 15 anos

Sábado 20 de decembro, 20.00 h / Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. “O boleto”, do Grupo de Teatro Viraventos, de Monforte. Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte. Entrada gratuíta – Todos os públicos

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...