HomeCulturaChantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5...

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

O Concello de Chantada organiza unha ampla programación para celebrar en familia este Nadal e decora a vila co Poboado de Nadal e outros motivos que visten as prazas e rúas para a ocasión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h. co acendido das luces e a apertura do Poboado de Nadal que se instala na Praza do Mercado e na Praza da Paz.

Desde o Concello de Chantada séguese ampliando cada ano a decoración e a iluminación da vila polo Nadal, “Seguimos a liña doutros anos, colocamos 120 arcos luminosos, aumentamos os metros de guirnalda de decoración. Este ano, entre as novidades, iluminamos a zona do Parque da Alameda, nas árbores colócase a decoración que identifica ás 36 parroquias do concello e ilumínanse as varandas da ponte que leva ao muíño”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Na Praza de Galicia colocarase, como é costume, a árbore de Nadal e espazos para photocall. Tamén a Praza de Santa Ana contará con decoración que vestirá a vila de celebración para a dinamización da hostalaría e do comercio e para levar a ilusión destas Festas aos/ás máis cativos/as.

O rexedor convida a participar do acto de apertura do Nadal en Chantada, que terá lugar ás 20:30h na Praza do Mercado, “O ano pasado moitas familias con seus fillos/as participaron desta celebración da apertura do Poboado e inauguración da iluminación. Para o acendido deste venres, facemos un chamamento a que nos volvan a acompañar as familias e toda a veciñanza para abrir xuntos un novo Nadal”.

Nesa xornada, ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal acollerá unha sesión de contacontos con Lalá Teatro, que nos achega “A carta de Nadal”, un contacontos interactivo, dirixido a maiores de tres anos que adentrará aos nenos/as na maxia do Nadal.

Despois da inauguración da decoración e do alumeado de Nadal, a seguinte cita da programación destas Festa en Chantada, será o venres, 19 de decembro, cunha nova sesión de contacontos na Biblioteca Pública Municipal. Ás 18:00h os/as nenos/as de 1 a 4 anos coñecerán, Leo e o Nadal.

As seguintes propostas terán lugar no Auditorio Municipal, o luns, 22 de decembro, ás 18:30h proxectarase a película de animación, Noite de Paz, Holy Night. O venres 26, ás 18:30h a proposta é de comedia e acción co filme, Red-One. O día 27 de decembro desde as 19:00h ofrecerase o espectáculo de circo e comedia, Mayday e o 30 de decembro, tempo para a música con Gramola Gominola desde as 18:30h.

Antes de rematar o 2025 a programación do Concello de Chantada tamén inclúe propostas deportivas e o 27 de decembro desde as 17:15h correrase a II San Silvestre no corazón de Galicia na que non faltarán ducias de corredores/as con disfrace de Nadal para seguir creando o ambiente destas Festas.

O novo ano abrirase coa sesión de contacontos, A osiña amorosa, Gemola volve polo Nadal, que se celebrará o venres, día 2 de xaneiro, na Biblioteca Pública Municipal. A Cabalgata de Reis celebrarase o 5 de xaneiro desde as 18:30h. Despois do desfile polas rúas da vila, as Súas Maxestades recibirán ás nenas e nenos no Auditorio Municipal.

A programación de Nadal no Concello de Chantada complétase cos Campamentos e Obradoiros infantís para favorecer a conciliación durante estas festas. Estas actividades teñen aberto o prazo de inscrición ata o 10 de decembro nas oficinas de Servizos Sociais do Concello.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...