HomesociedadeGran acollida dos showcookings nas parroquias monfortinas

Gran acollida dos showcookings nas parroquias monfortinas

Decenas de veciños e veciñas das localidades do rural monfortino asistiron ás actividades e amosaron a súa satisfacción coa iniciativa

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, celebra o éxito de participación acadado no circuíto de obradoiros de cociña de outono en formato ‘showcooking’ que se desenvolveu nas últimas semanas en diversos locais das parroquias do municipio.

O obxectivo do Equipo de Goberno con esta proposta é dinamizar o rural creando espazos de encontro veciñal e impulsando actividades de interese e posta en valor dos recursos do territorio e da nosa riqueza gastronómica. “Con estes obradoiros enchemos os locais de reunión e de encontro nas parroquias, por iso desde o Concello queremos agradecer aos veciños e veciñas a súa participación”, apuntou o Alcalde.

O circuíto arrincou o venres 21 de novembro en Santa Mariña do Monte e rematou este venres, 5 de decembro, no local social de Sindrán, despois de pasar por A Penela, Chao do Fabeiro, Seoane e Distriz.

Os talleres, de dúas horas de duración, foron impartidos por un chef profesional que amosou aos veciños e veciñas diferentes receitas elaboradas con produtos de outono: cogomelos, castañas, produtos locais e outros sabores do bosque. Os asistentes coñeceron diferentes elaboracións e técnicas culinarias en directo. Ao remate das ‘showcooking’, compartiron as tapas elaboradas.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...