HomesociedadeMonforte acende 1,2 millóns de luces LED para iluminar e dinamizar o...

Monforte acende 1,2 millóns de luces LED para iluminar e dinamizar o Nadal    

Este ano mantense tamén a que foi unha das principais novidades dos últimos anos, que é a iluminación da Torre da Homenaxe mediante imaxes proxectadas nas catro caras da edificación simulando a caída de copos de neve.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acendeu este venres pola tarde a iluminación ornamental das Festas de Nadal 2025-2026 no Concello de Monforte. O acto tivo lugar ás 18.30 horas na rúa Cardeal, xunto a figura cónica de 20 metros de altura que representa a árbore coa súa estrela, e contou coa participación doutros membros do Equipo de Goberno: a Tenente de Alcalde, Gloria Prada; as Concelleiras de Sanidade, Pilar Espinosa; Cultura, Marina Doutón, Consumo, Regina López e Muller, Margarita López e os concelleiros de Obras, José Luis Losada; Deportes, José Manuel Mougán e Tecnoloxía, Guillermo Díaz.

O rexedor transmitiu aos monfortinos e monfortinas os seus mellores desexos para estas festas: “O Nadal é tempo de ilusión e de alegría, e o noso obxectivo é que este amplo dispositivo de luces sirva para dinamizar e animar a toda a veciñanza e ás persoas que nos visitan a saír á rúa e desfrutar da nosa cidade. E queremos tamén que os monfortinos se sintan orgullosos de ser a cidade con máis luces por habitante”.

Tralo acendido, amenizado coa actuación do grupo monfortino de batucada TuKuPá, a comitiva desprazouse pola rúa peonil ata a Praza de España, onde está instalada unha figura luminosa de oso panda. Este boneco e a árbore de máis de 20 metros de alto na rúa Cardeal contan cun paso inferior que permite cruzar dun lado ao outro e facer fotos no interior. Ambas figuras son os elementos centrais dun amplo dispositivo que suma 265 arcos repartidos por 67 rúas e outros 7 coa mensaxe ‘Bo Nadal’ colocados nas entradas á cidade. En total, 1,2 millóns de puntos LED que desde esta tarde enchen de luz e cor o Nadal monfortino. O orzamento da iluminación ornamental desta campaña ascende a 57.000€.

Tamén están adornadas a Casa do Concello, as árbores da Praza de España e do Campo de San Antonio, a Praza dos Chaos, Praza da Estación e Praza de Abastos, así como o gran cedro da Compañía, coa súa estrela de Nadal.

Alumeado Nadal Monforte 2025 / Concello de Monforte

“Con este amplo dispositivo”, dixo o Alcalde, “queremos animar aos monfortinos e monfortinas e ás persoas que nos visitan a saír á rúa nestas festas de Nadal, a mercar no noso comercio e consumir na nosa hostalería, pero sobre todo, desexamos que sexan moi felices e que desfruten destas datas na mellor compañía”.

O alumeado estará acendido todos os días en horario de 18.30 a 02.00 horas, e apagarase definitivamente o martes, 6 de xaneiro, Día de Reis. Así mesmo, o dispositivo estará acompañado polo funcionamento das fontes no mesmo horario que as luces.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...