HomesociedadeCSIF denuncia o "estado deplorable" da oficina de xustiza no Saviñao

CSIF denuncia o “estado deplorable” da oficina de xustiza no Saviñao

O sindicato CSIF denuncia as condicións “deplorables” das dependencias do xulgado de Paz do Saviñao, pois, segundo o sindicato, as instalacións presentan graves deficiencias de electricidade, calefacción e mantemento xeral, que afectan ao normal desempeño do persoal

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o sindicato tiveron coñecemento desta situación a través dos funcionarios da oficina de xustiza, que, “relatan que chegaron a estar tres días sen subministración eléctrica e que, actualmente, só a recuperaron de maneira provisional mediante un puenteado”. Denuncian que a calefacción tardou en instalarse e que, agora, funciona a un nivel insuficiente.

Os traballadores aseguran que, a pesar de que os Orzamentos Xerais de Galicia inclúen cada ano unha partida destinada a dotar de medios materiais estas dependencias, “o Concello do Saviñao non investiu nin un euro en mellorar as instalacións”.

O sindicato critica que o concello ignorase reiteradamente aos funcionarios e sinala que existen outros locais municipais en mellores condicións que poderían acoller a oficina de xustiza. Así mesmo, advirte que as actuais instalacións non son accesibles para os cidadáns con dificultades de mobilidade, xa que para entrar é necesario subir varias escaleiras.

A central sindical esixe unha intervención inmediata para garantir unhas instalacións dignas e unha contorna de traballo seguro, lembrando que os concellos son responsables de dotar de medios materiais ás oficinas de xustiza nos seus municipios.

Xulgados O Saviñao / CSIF

ÚLTIMAS

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado...