O novo autobús percorrerá as 26 parroquias do Concello de Monforte, dando servizo de transporte público e gratuíto á poboación do rural do municipio. O Bus Rural entrará en funcionamento o vindeiro luns, 15 de decembro. “O Bus Rural responde á vontade do actual Equipo de Goberno para facer extensible á zona rural un servizo de transporte gratuíto como o que xa temos no núcleo urbano, igualando o tratamento que reciben os veciños e veciñas de Monforte, independentemente de cal sexa o lugar no que residen”, indicou o rexedor. Ademais, engadiu, “contribuirá á loita contra o despoboamento facilitándolle a vida á poboación mais vulnerable e con mais dificultades de mobilidade”.
O servizo prestarase en itinerarios para grupos de parroquias con carácter ordinario e gratuíto un día á semana facilitando os desprazamentos da poboación rural cara á cidade para realizar xestións, compras, visitas aos centros sanitarios ou calquera outra necesidade.
Deseñáronse seis rutas de ida e volta, unha por día de luns a xoves, e dúas os venres. Na xornada do venres programouse dobre percorrido para completar o servizo: un para as parroquias de Sindrán, Bascós, Chavaga e Reigada, e outro para A Parte e Valverde.
A prestación deste servizo foi licitada o pasado mes de maio e adxudicada por procedemento público á empresa Palacios Bus SL, con sede en Monforte, por un importe total de 972.759,55€ para un período de execución de 10 anos dende a acta de inicio do servizo.
A financiación corresponde ao Concello de Monforte con fondos propios e conta tamén cunha subvención do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico de 194.094 euros destinada á posta en marcha do servizo e á sinalización.
O vehículo que dispón de 37 prazas sentadas máis unha praza para persoas con mobilidade reducida, funcionará de luns a venres en días laborables, con hora de inicio ás 8.00 horas na parroquia correspondente e regreso ás 14.00 horas con saída dende o Parque dos Condes. No caso dos venres, establécense dúas rutas 5A e 5B, con horario de saída na ida ás 8.00 e 9.00 horas, respectivamente, e de volta ás 14.00 e 15.00 horas, respectivamente.
Rutas, percorridos e paradas
LUNS RUTA 1
Servizo de ida
- Rozavales: Inicio en Salgueiros ás 8.00 horas, con parada en Infesta
- Vilamarín: Cruce Peciña, Cruce de Gándara, Local Social e A Pena
- Caneda: Cruce da Capela e O Muíño
- Santa Mariña: Local Social e Cruce da Solveira
- Monforte: paradas en Malvarón, Estación de RENFE, Estación de Autobuses, Hospital Comarcal e finalización da ruta no Parque dos Condes, ás 9.00 horas.
Servizo de volta
O mesmo percorrido á inversa con saída ás 14.00 horas dende o Parque dos Conde e chegada a Salgueiros (Rozavales) ás 15.00 horas.
MARTES RUTA 2
Servizo de ida
- Vilamarín: Inicio en Morade Grande ás 8.00 horas
- A Penela: Entrada a Morade Pequeno e Rubina, Campo da Festa, Xunto ao Potro e Fontela
- As Nocedas: O Val, A Eirexe e O Campo
- Marcelle: Estrada Marcelle
- Gullade: Cima de Vila, Entrada a Igrexa e Valdeourense
- Guntín: Guntín Souto e A Lama
- Piñeira: A Regueira e no Cruce ao Polígono.
- Monforte: paradas en Estación de Renfe, Estación de Autobuses, Hospital Comarcal e finalización da ruta no Parque dos Condes, ás 9.20 horas.
Servizo de volta
O mesmo percorrido á inversa con saída ás 14.00 horas dende o Parque dos Conde e chegada a Morade Grande (A Penela) ás 15.15 horas.
MÉRCORES RUTA 3
Servizo de ida
- Distriz: Inicio en Babela ás 8.00 horas, con parada en Cruce Campo da Festa, Cruce pista Local Social e Cruce estrada de Ourense
- A Vide: Local Social e Outeiro
- Moreda: Moreda Cemiterio, Os Campos, Campo da Festa Igrexa, A Broza e O Castro de Moreda
- San Xulián de Tor: Eibedo, Paredes e Cruce da Igrexa
- San Xoán de Tor: Cruce estrada de Seoane e Carrouba
- Monforte: paradas en Estación de Renfe, Estación de Autobuses, Hospital Comarcal e finalización da ruta no Parque dos Condes, ás 8.45 horas.
Servizo de volta
O mesmo percorrido á inversa con saída ás 14.00 horas dende o Parque dos Conde e chegada a Babela (Distriz) ás 14.45 horas.
XOVES RUTA 4
Servizo de ida
- Chao do Fabeiro: Inicio en Fabeiro (Cruce) ás 8.00 horas, con paradas en Porto de Lobos, Cruce da Ermida, O Mato e San Martiño
- Fiolleda e Baamorto: Marexe, Vilamaior, Pallares, Cruceiro, San Mamede, Figueira, San Cosme, Pol, Cinsa I e Cinsa II
- Seoane: Campolongo, Seoane centro e Cruce de Seoane xunto as cantinas.
- Monforte: paradas en Estación de Renfe, Estación de Autobuses, Hospital Comarcal e finalización da ruta no Parque dos Condes, ás 9.00 horas.
Servizo de volta
O mesmo percorrido á inversa con saída ás 14.00 horas dende o Parque dos Conde e chegada a Fabeiro (cruce) ás 15.00 horas.
VENRES RUTA 5 (RUTAS A E B)
RUTA 5A
Servizo de ida
- Sindrán: Inicio en Local Social ás 8.00 horas
- Bascós: Carranchousa e Local Social
- Chavaga: Ríos
- Reigada: Mourelos As Fontes, Reigada Campo da Festa e Reigada Centro
- Monforte: paradas en Estación de Renfe, Estación de Autobuses, Hospital Comarcal e finalización da ruta no Parque dos Condes
Servizo de volta
O mesmo percorrido á inversa con saída ás 14.00 horas dende o Parque dos Conde e chegada a Local Social (Sindrán).
RUTA 5B
- A Parte: Inicio en Proveiros Local Social ás 9.00 horas, con parada en Camporrío e xunto a Casa Farmacéutica.
- Valverde: Fronte a Igrexa e Escouredo
- Monforte: paradas en Estación de Renfe, Estación de Autobuses, Hospital Comarcal e finalización da ruta no Parque dos Condes, ás 9.30 horas.
Servizo de volta
O mesmo percorrido á inversa con saída ás 15.00 horas dende o Parque dos Conde e chegada a Proveiros Local Social (A Parte) ás 15.30 horas.

