HomesociedadeO Museo do Ferrocarril de Galicia amplía espazo expositivo

O Museo do Ferrocarril de Galicia amplía espazo expositivo

Este xoves inaugurouse un novo espazo expositivo do Museo do Ferrocarril de Galicia (Muferga), situado en Monforte de Lemos, e celebrouse reunión ordinaria do Padroado para aprobar, entre outros asuntos, o orzamento previsto para o ano 2026, que rolda os 200.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova sala, que se vén de abrir, recolle elementos relacionados coa historia e os profesionais do ferrocarril, entre eles os mobles da antiga oficina do ferroviario Amancio Ortega. O pai do fundador de Inditex traballou un tempo no depósito de vapor de Monforte, trasladándose máis tarde á Coruña, onde se xubilou. Tamén se amosan maquetas de trens a escala, farois, uniformes de distintas épocas e billetes antigos xunto con documentos históricos.

O Museo do tren de Monforte exhibe unha colección de trens antigos, incluíndo locomotora de vapor, diesel e eléctricas, así como coches de pasaxeiros e vagóns de carga que datan dos séculos XIX e XX, ofrecendo un completo percorrido pola historia do ferrocarril de Galicia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou da inauguración deste novo espazo expositivo e presidiu a reunión do padroado, que aprobou un orzamento de 200.000€ para o 2026. A Xunta é a Administración pública que achega maior financiamento ao Padroado da entidade, do que tamén forman parte as Deputacións Provinciais de Lugo e Ourense e o Concello de Monforte de Lemos

Arias subliñou “a progresión de visitantes que experimentou o Museo nos últimos anos, que se reflicte nos ingresos pola venda de entradas, e que xunto coa colaboración administrativa permite seguir ampliando a oferta do centro”.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...