HomesociedadeA A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita á alcaldía do Concello do Saviñao, a adopción dunha ordenanza que prohíba a plantación de árbores pirófitas no territorio municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos lumes, “e vistas as dificultades para frealo nun territorio plagado de piñeirais, e tendo en conta que estos fenómenos vanse repetir cada vez con máis frecuencia, debido á emerxencia climática que estamos a vivir, son horas de que dende todas as institucións se adopten urxentemente medidas preventivas para mitigar esta ameaza real que acaba arruinando á poboación e afondando no despoboamento da nosa área”. 

A Asociación solicita así, a creación dunha ordenanza na que se prohíba a plantación de árbores pirófitas, “que imposibilitan a extinción dos incendios e aceleran a extensión dos mesmos. O eucalipto, árbore extremadamente inflamable e o piñeiro, que coa metralla expansora das súas piñas convértese nun perigosísimo combustible”.

Solicitan que se aborde o tema con seriedade e coa intención de previr “outra catástrofe incendiaria como a deste verán”.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...