HomePolíticaTomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

José Tomé Roca formalizou este venres a súa renuncia ao cargo de Presidente da Deputación de Lugo, mediante a presentación do correspondente escrito no rexistro da institución provincial. Pola súa banda o BNG asegura que non participará en órganos de goberno ata que non se concrete a dimisión e esixiu ao Partido Socialista a convocatoria dun pleno extraordinario para facela efectiva

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo, a renuncia á Presidencia deberá ser aceptada polo Pleno da Corporación, que se celebrará o martes, 30 de decembro, momento a partir do cal a Presidencia quedará formalmente vacante. Mentres tanto, Tomé Roca exercerá como Presidente en funcións, tal e como está legalmente establecido

A partir do 30 de decembro, será o Vicepresidente provincial quen asuma a totalidade das funcións ata o día no que a Corporación elixa un novo Presidente ou Presidenta.

Segundo establece literalmente o artigo 53 do citado Regulamento, «vacante a Presidencia, procederase á convocatoria da sesión extraordinaria para proceder á elección de Presidente ou Presidenta, que haberá de celebrarse o décimo día hábil ás doce horas». En aplicación desta previsión normativa, o Pleno extraordinario para a elección do novo Presidente ou Presidenta celebrarase o mércores, 14 de xaneiro, ás 12:00 horas. A partir dese momento, José Tomé Roca continuará exercendo as súas funcións como deputado provincial.

O BNG non asistiu á Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, presidida por José Tomé e confirmou que non participará en órganos de goberno ata que non se concrete a dimisión e esixiu ao Partido Socialista a convocatoria dun pleno extraordinario para facela efectiva.

O vicepresidente, Efrén Castro, demandou aos socialistas dar “pasos politicamente para non alongar un sinsentido que prexudica a todas e todos e especialmente a esta situación”. Castro reiterou o apoio ás vítimas e avanzou que, de alongarse a situación, “o BNG seguirá actuando en coherencia coa posicíon expresada de non compartir goberno provincial con José Tomé”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...