HomesociedadeCharla no IES Río Cabe de Monforte sobre a aplicación das matemáticas...

Charla no IES Río Cabe de Monforte sobre a aplicación das matemáticas e a estadística ao baloncesto

O encargado de transmitir estes coñecementos ao alumnado o pasado 17 de decembro foi Fran Camba, analista de datos do Básquet Girona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Fran Camba explicou cal é parte do traballo diario que realiza como analista de datos do equipo de Baloncesto profesional do Basquet Girona, estando no Staff Técnico de Moncho Fernández.

O relator, afirman dende o centro de ensino, “foi quen de captar a atención do alumnado asistente amosando a importancia das Matemáticas e da Estadística no coñecemento e predición do xogo e asemade propoñerlle un pequeno concurso cun agasallo final do Basquet Girona”. Así mesmo, agradecen a súa predisposición e xenerosidade para compartir como aplica os seus coñecementos ao seu traballo.

Fran Camba estudou Química e exerceu de profesor de Matemáticas no Ensino Secundario. Despois, recibiu a chamada de Moncho Fernández para incorporarse profesionalmente no Mombus Obradoiro e na actualidade no Básquet Girona, onde teletraballa dende Ribas de Sil.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...