HomeEconomíaTaboada avanza cara o aceite gourmet

Taboada avanza cara o aceite gourmet

O proxecto dunha explotación de oliveiras e a construción dunha almazara no Concello de Taboada é un dos proxectos de negocio premiados pola Deputación.

Publicado o

- Advertisement -

No Concello de Taboada plantaranse 10 hectáreas de oliveiras e construirase unha almazara para a produción de aceite agroecolóxico. O obxectivo é comercializar aceite, completando o ciclo produtivo co fin de facer o modelo o máis rendible posible.

O carácter reducido desta explotación vai encamiñado a obter un aceite dunha alta calidade, producido dun xeito que fará posible a comercialización deste produto como “gourmet”, tanto polos estándares no proceso de produción como pola pouca cantidade. O investimento inicial para desenvolver este negocio é de 132.500,00 euros máis 10.000 euros da Deputación. A aportación da Deputación vén a través dos Premios Emprendendo no Rural, iniciativa coa que se pretende fomentar a creación de empresas no rural da provincia.

En total premianse, na provincia, 5 proxectos, ademais da almazara de aceite, Radis, un Centro Residencial, unha Cantina Albergue no Camiño de Santiago e iTechTerm.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...