HomesociedadeO CCA Ribeira Sacra pecha un acordo cos Reis Magos para que...

O CCA Ribeira Sacra pecha un acordo cos Reis Magos para que entreguen agasallos en man á cativada de Chantada

Trátase dunha campaña comercial da asociación de empresarios desta vila que fará posible que os pequenos e pequenas reciban o 5 de xaneiro nas súas casas agasallos da man das Súas Maxestades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras reunirse coas Súas Maxestades o presidente e vicepresidente da Asociación de Empresarios de Chantada, Iñaki Castiñeira e Sergio Sánchez, queda “pechado o acordo” polo cal os Reis Magos entregarán de novo os seus agasallos nas súas casas aos cativos e cativas de Chantada.

Trátase dunha iniciativa que se repite tras o éxito acadado o pasado ano cando os Reis Magos do CCA Ribeira Sacra foron a unas 40 casas e entregaron os sus agasallos a preto de 60 nenos e nenas. En palabras de Iñaki Castiñeira, presidente da Asociación de Empresarios de Chantada e do CCA Ribeira Sacra, respecto da campaña anterior “foi todo un éxito nos Reis de 2025 e non tivemos dúbidas en repetila: chegounos ver as cariñas de ledicia dos pequenos en todas as casas”.

Reis Magos e representación do CCA Ribeira Sacra de Chantada. Foto: CCA RS.
PARTICIPACIÓN NA CAPAÑA E CABALGATA

Para participar desta acción e ter a opción de ser visitado polos Reis cómpre mercar nas tendas do CCA e gastar un mínimo de 100 euros entre o 9 de decembro e o 2 de xaneiro. Haberá prazas limitadas, que se adxudicarán por estrita orde de reserva. Ao termo da campaña (o día 2 de xaneiro), deseñarase o percorrido e informarase a todas as familias da hora aproximada en que recibirán a visita das súas Maxestades de Oriente.

A visita dos Reis Magos farase o día 5 de xaneiro e comezará ao rematar a Cabalgata de Chantada, aproximadamente ás 20:30 horas. Cada Rei Mago terá o seu percorrido, para poder chegar a todas as casas posibles, tanto no centro urbano como nas parroquias.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...